José Montilla, ministro de Industria, Turismo e Comercio, e Jordi Sevilla, ministro de Administracións Públicas, asinaron un acordo de colaboración para o desenvolvemento da administración electrónica co que se comprometen a realizar un investimento de 20 millóns de euros durante 2006, sendo o DNI electrónico e a rede 060 os principais obxectivos do acordo.
Sevilla incidiu en que o acordo se poderá avaliar a finais de ano para comprobar os resultados acadados xa que pretenden “unha Administración á altura dos cidadáns, sen colas, con prazos, compromisos, cantidades e obxectivos”.