O Ministerio de Industria a puxo en marcha a segunda convocatoria do programa Empréstito Tecnolóxico, unha iniciativa que abre vías para favorecer a chegada das novas tecnoloxías no día a día das pequenas e medianas empresas. A segunda parte deste proxecto, posto en marcha en colaboración con Banesto e La Caixa, inclúe un orzamento de 160 millóns de euros, dos que cen proveñen do ministerio. Deste plan de empréstitos poderíanse ver beneficiadas ata 15.000 empresas e microempresas, cun tipo de interese ó 0% e sen comisións. Estas axudas irán destinadas a incorporar as novas ferramentas tecnolóxicas ós procesos produtivos dos diferentes negocios.