· O Consello da Xunta aprobou a orde pola que se convocan estas axudas, correspondentes ao Programa de Recursos Humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.
· O Programa de Recursos Humanos é unha das prioridades do novo Plan Galego de I+D+i para o quinquenio 2006-2010 e contará cun orzamento que ascende a 176 millóns de euros para este período.
Santiago, 28 de xullo de 2006. O Consello da Xunta aprobou onte a orde da Consellería de Innovación e Industria pola que se convocan as axudas correspondentes a diversas accións de formación de investigadores, do Programa de Recursos Humanos do Plan Galego de I+D+i (2002-2005).
En virtude desta orde, Innovación e Industria destinará máis de 13 millóns de euros (concretamente, 13.244.780 euros) á convocatoria de diversas accións formativas. Trátase da derradeira convocatoria do Programa de Recursos Humanos do Plan Galego de I+D+i 2002-2005, xa que o novo Plan, con vixencia ata o ano 2010, está en trámite de aprobación. A convocatoria presenta, xa que logo, a incorporación de novos criterios na lóxica do novo plan...
A principal novidade da convocatoria é a transformación das bolsas de investigación en contratos, unha decisión que se enmarca na liña do novo Plan Galego de I+D+i, en trámite de aprobación