A Asociación PuntoGal, que está a promover a creación dun dominio para a cultura e a lingua galegas na Internet, iniciou unha campaña para sumar apoios mediante a colocación de banners en páxinas web e bitácoras de Internet, para o que deixan elixir entre varios modelos de banner co distintas medidas (135x190, 137x137, 198x78 e 468x60) e incluso cun modelo publicitario a xeito de bandeira que se sitúa na parte superior dereita das webs. Para facilitar a inclusión dos banners, na propia páxina da Asociación inclúese o código HTML que os engade cunha simple operación de copiar e pegar.Asemade tamén chaman a colaborar coa Asociación adheríndose á mesma (asinando a correspondente Carta de Adhesión e remitíndoa á sede da Asociación PuntoGal), para xuntar a meirande cantidade de apoios para a iniciativa que persegue un dominio galego na Internet.