NOTA DE PRENSA: OS OSCAR DE INTERNET PREMIAN A GALICIA
Data: 31/5/2010 Fonte:
A prestixiosa publicación internacional de deseño web American Design Awards seleccionou dous traballos realizados pola empresa compostelana Inxenio Internet Consulting como gañadores dos seus premios do mes de marzo de 2010, un en categoría Ouro e outro en Prata.
American Design Awards convertiuse nun dos premios internacionais de referencia no mundo do deseño web –algo así como os Oscar de Internet-, sendo os criterios de selección dos premiados unha valoración integral que combina aspectos como a calidade, a innovación e a eficacia do deseño, distinguindo os mellores traballos web a nivel mundial. Estos premios, que levan dende o ano 2004 destacando os mellores proxectos do panorama mundial, supoñen un recoñecemento á excelencia, destacando á empresa galega como un dos referentes de desenvolvemento web a nivel internacional.
Inxenio Internet Consulting foi seleccionada polos seus traballos www.clinicajuanatey.com, servicio web dunha clínica odontolóxica e galardonada na categoría Ouro, e www.cocinasricas.com, sitio pertencente a Cocinas Ricás que foi distinguido co premio de Prata, sobre unha preselección de 1050 traballos internacionais.
Coa concesión destos premios, os desenvolvedores de Inxenio optan a posicionar os seus traballos entre os dous galardóns anuais que concede American Design Awards.
Inxenio Internet Consulting SL 2005 ∙ Avenida de Lugo, 20 - BJ F CP-15703 - Santiago de Compostela - A Coruña (España)
CIF: B-15927510 ∙ Rexistro Mercantil de A Coruña, Tomo 2837, Folio 197, Folla nº C-33274, Inscripción 1ª.